viernes, 6 de septiembre de 2013

Lista provisional de inscritos 06-09-2013

Consulta a lista provisional de inscritos 06-09-2013.

Comproba que os teus datos son correctos, e que os datos do pagamento se corresponden aos servizos solicitados.

miércoles, 14 de agosto de 2013

Información sobre a ruta

Dende a dirección do Clube No Solo Bicis de Celanova, gustaríanos invitarvos a participar na nosa II RUTA BTT 4 PICOS- CELANOVA que terá lugar o domingo, día 8 de setembro que discurrirá polas catro principales cimas da comarca: Casa da Neve, O Vieiro, O Furriolo e o Alto do San Cibrao, con un total de 55 Km.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN


O coste da inscrición é de 18 € con comida e de 9 € se non quedas a xantar. Os ingresos terán que efectuarse a través de transferencia ou ingreso na conta da entidade LA CAIXA, número: 2100-5899-01-0200033867 con anterioridade ás 23 horas do día 6 de setembro de 2013. Todos aqueles ingresos realizados con posterioridade a esta data ou o día da Ruta non serán admitidos. No concepto debe indicarse o nome, apelidos e DNI.
Todos os participantes inscritos teñen que enviar o xustificante bancario do ingreso realizado á direccion de e-mail nsbcelanova@gmail.com, facendo constar nome, apelidos e DNI.
Información do evento
DATA: 8 de Setembro de 2013
PREZO*: 9 € sen comida e 18 € con dereito a comida.
INSCRICIÓN: Do 15 de Agosto ao 6 de Setembro
LUGAR: Praza maior do Concello de Celanova (frente á Casa do Concello)
HORA DE SAIDA: 09:15 h.
RECOLLIDA DE DORSAIS: 08:00 h
INFO: A ruta será SOCIAL, NON FEDERADA e NON COMPETITIVA. Perfil asequible, ciclabe e rodador. Escapatorias para os que digan basta e desexen regresar antes.
PERCORRIDO: 55 Km
DIFICULTADE Física/técnica:Alta/Media
OUTROS SERVIZOS: Haberá unha ampla zona de aparcamento nas inmediacións do Concello, duchas, servizo de lavado de bicicletas.
IMPORTANTE: Para participar nesta proba é OBRIGATORIO o uso de casco.

*No prezo están incluidos os avituallamentos, un seguro de responsabilidade civil e de accidentes, servizo de ambulancia, servizo de recollida en caso de accidente, lavado de bicicletas, regalo conmemorativo da proba, e algunha sorpresiña mais que ainda estamos ultimando...